LEMOS EN GALEGO


Lúa pediulle aos nenos e nenas que elexisen un libro en galego que lles gustase e esta é a multitudinaria resposta. Os de infantil recomendan libros que traballaron na clase coas súas profesoras, e os de primaria buscaron na casa ou na clase e atoparon moítisimos libros  diferentes, todos escritos en galego, que queren recomendar para que os lean outros nenos e nenas: uns son clásicos e outros de rabiosa actualidade; uns son de narrativa, outros de banda deseñada ou de  poesía, pero tamén hainos de información. Case todos podedes encontralos na nosa biblioteca. Así que... ánimo, non deixedes de ler no noso idioma que hai títulos superinteresantes para tódalas idades e tódolos gustos.