ROSALÍA PEQUENIÑA



Xa sabedes que este ano conmemórase o 150 aniversario de "Cantares Gallegos" e o 50 aniversario do Día das Letras Galegas, que foi dedicado na súa primeira edición a Rosalía. 
A cantante Uxía acaba de publicar un libro disco con poemas de Rosalía de Castro, e xa o temos na nosa biblioteca. As ilustracións son de Marina Seoane e está publicado pola editorial Galaxia. 
Neste libro, Uxía  canta poemas de Rosalía co obxectivo de achegar aos nenos e nenas a figura  da nosa gran poetisa  á que presenta sendo pequena como todos e todas vós, e tamén  “pirata”, “rebelde”  e “insubmisa”.