"O pequeno mago" é
un libro escrito por Roque Cameselle. Témolo na nosa biblioteca desde que a
editorial Xerais o publicou. Este libro ten moito interese para nós, porque está
ambientado na nosa cidade e porque o seu autor foi alumno do noso colexio.
Hoxe
Roque estivo connosco e firmounos varios exemplares. Na dedicatoria recorda os bos momentos que pasou aquí e
que inspiraron moitas das súas historias.
O motivo polo que
Roque estivo no colexio é a promoción da película “O pequeno mago “, baseada
no libro que escribiu e dirixida por el mesmo.
A historia transcorre na Idade Media, unha época de esplendor para
Galicia, e conta as aventuras de Bieito
Dubidoso, un neno que, na compaña da súa inseparable amiga Destreza, loita
contra a superstición e as inxustizas do malvado Bispo Xoán, dono e señor da cidade
de Tui.
É unha película de animación onde Roque fai unha pequna homenaxe a esta
cidade na que vivimos, creando accións que transcorren en lugares que podemos
identificar facilmente como a Catedral ou as paisaxes do río Miño.
A película será estreada mañá en toda España en galego, castelán, catalán e euskera.