SEMANA DA TRADICIÓN ORAL


Lúa invitou a tres avoas moi "especiais" para que lle conten historias doutros tempos aos nenos e nenas. Son moi "especiais" porque pasaron moitos anos da súa vida traballando aquí connosco. As tres son expertas contacontos que fixeron as delicias de varias xeracións de alumnos neste colexio. Recentemente  xubiláronse pero cando Lúa as chamou para esta actividade que organiza a Biblioteca, non dubidaron en colaborar e están preparando unhas historias que vos van sorprender.