DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro e no colexio recibimos un agasallo da escritora Celia Díaz Núñez que nos enviou un exemplar da súa obra de teatro infantil "Velaí vai o papaventos".

Tódolos anos un ou varios cursos do colexio fan algunha representación teatral e nunha desas ocasións xa foi representada outra obra de Celia que se titula "Cataventos e cía".

Encantounos recibir este agasallo e esperamos poder representala en canto sexa posible.

O libro xa forma parte dos nosos fondos bibliotecarios e está á vosa disposición.
Moitas grazas Celia!