ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Os nenos e nenas de 5ºA desde os micrófonos da Radio Municipal de Tui recoméndannos a lectura do libro "El día en que Edu se convirtió en cucaracha" escrito por  Jordi Sierra i Fabra e ilustrado por Gabriel Pacheco. Está publicado pola editorial Alfaguara.

Edu é un neno de doce anos que un día esperta cunha estraña sensación. Séntese raro. Cando se mira no espello descobre que ten antenas e que todo o seu corpo está cambiando. Está sufrindo unha metamorfose. Por que será?