NOVO RETO DE LÚA

Desde que a profe Marta lle ensinou a lingua de signos, Lúa quere que os nenos e nenas do colexio aprendan a comunicarse tamén desta forma e xa mercou para a biblioteca varios libros e DVD que algúns xa coñecedes. 

Este mes vós propón un reto usando o alfabeto dactilolóxico. 
Seredes capaces de descubrir o que escribiu Lúa neste cartel?


Coma sempre, tedes que introducir a vosa resposta no buzón do recuncho de Lúa. E tamén, coma sempre, sortearanse diversos agasallos entre os/as que participedes.

Para axudarvos un pouco Lúa deixavos aquí o alfabeto dactilolóxico.