QUEN QUERE AXUDARME?



Lúa inaugurou a biblioteca presentando o proxecto deste curso. Da súa man aprenderemos a cultivar nunha horta ecolóxica.
Lúa foi recibindo a tódolos nenos e nenas de primaria e contoulles as ideas que ten para poñer en marcha o proxecto. Despois foi xunto aos de infantil para que eles e elas tamén participen.
Deixounos este vídeo co que nos mostra como se preparou durante o verán para poder ser toda unha experta en plantas e así poder axudar a quen o necesite.


Lúa ademais trouxo un agasallo para cada clase. Eran varias sementes sobre as que hai que buscar información. Aquí tedes fotos da xornada que pasamos na biblioteca.