A HORTA NA RÚA


Este curso Lúa animouse a participar no desfile de Entroido polas rúas de Tui xunto a tódolos nenos e nenas do colexio.


E non estaba soa!


Foi acompañada en todo momento pola súa avoa Manuela, a quen está moi unida.


Como non podía ser doutra maneira aproveitou a ocasión para facer publicidade da nosa horta ecolóxica e animou a tódolos presentes a plantar, a cultivar, a encher a cidade de hortas... 

Despois foise á biblioteca a seguir traballando. 

GRAZAS LÚA POR ACOMPAÑARNOS!