ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres 24 celebramos o Entroido cunha gran festa solidaria á que invitamos a participar a tódala comunidade educativa.
Todos e todas estabamos disfrazados de choqueiros e reunímonos por grupos en diversas estancias do colexio para visionar vídeos con imaxes do Entroido típico galego. Logo unha charanga foi recollendo a cada un dos grupos e formaron unha comitiva que rematou co todo colexio reunido no patio. 

Alí había un gran escenario polo que foron desfilando tódalas clases.


Os nenos e nenas de primaria tiñan preparadas coplas que inventaran na clase de música e foron cantando para todos os demais compañeiros/as e para as familias que nos acompañaban.


Cando remataron as coplas houbo unha "cuchipanda" con postres típicos desta época (filloas, flores, orellas...) 


Despois os nenos e nenas podían escoller entre varias actividades: facerse fotos con Lúa, traballar con barro ou bailar ao compás de animadas músicas.

Mentras todo isto sucedía,
 recollíamos alimentos para SOS Tomiño. 



O alumnado de quinto e sexto estiveron por quendas atendendo a tódalas persoas que quixeron aportar algo neste proxecto solidario.

A cambio dos alimentos repartiron as pezas de barro que estiveron facendo tódolos nenos e nenas do colexio a semana anterior. 

Estes agasallos foron feitos con moito cariño para agradecer a colaboración das familias. 














Se queredes saber cantos quilos se recolleron, premede AQUÍ.


Moitas grazas a tódalas persoas que colaboraron connosco nesta actividade solidaria.