AS LARANXAS MÁIS LARANXAS....




Os nenos e nenas de 6ºB representaron para todo o colexio a obra de teatro "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", que foi o segundo libro infantil de Carlos Casares.

É unha peza teatral que se fixo moi popular despois de que o autor gañase o Concurso de Textos Teatrais O Facho 1973, o que o situou como un dos precursores do teatro infantil en galego.

A acción  se desenvolve nunha horta diante dunha casiña de planta baixa onde se van xuntando personaxes moi curiosos: Elías, Anxa, o can Paulino, a galiña Petra, unha laranxa, un ovo, o Veciño da Escopeta, o Veciño Gordo, a Veciña Desdentada, a Veciña Sabida e o Veciño Torto.

Todo comeza cando cinco estrañas e enormes laranxas aparecen nun limoeiro. Unha estoupa, o que fai que os veciños do lugar acudan á horta e alí empezan a pasar situacións disparatadas e o disparate vaise incrementando a medida que a trama avanza.
















Todo o público desfrutou moito da representación.
Noraboa aos artistas!