VISITA DE CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN


Recibimos a visita de Celso Fenández Sanmartín, que é un excelente contacontos, coñecido tanto dentro coma fóra das fronteiras da Galicia.

O seu repertorio está composto basicamente por historias ligadas á tradición oral galega e asentadas na cultura popular rural, pero cun toque contemporáneo, para demostrar que tamén son actuais.

O encontro foi co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º e resultou moi ameno e divertido e unha vez máis demostrou a forza dos contos e da tradición oral como fonte de entretemento e de aprendizaxe. 

Todos e todas estiveron atentísimos/as a esas historias dos tempos das reunións ao calor do lume da lareira, tempos en que non había aparellos electrónicos, pero nos que estaba moi presente a retranca galega que sempre fai sorrir. 

A forma de contar de Celso encandilou aos nenos e nenas que escoitaron entusiasmados/as e mesmo cantaron e xesticularon con el durante unha hora enteira.