A nosa biblioteca resplandeceu coa chegada de Lúa anunciando que a partires de agora xa poderemos usala tódolos días tanto nas horas de clase como nos recreos e tamén pola tarde, de 4 a 6.
Estaba acompañada, coma sempre, do profe Ramiro, que recibiu a cada unha das clases tocando a guitarra e cantando a canción de Lúa.
Desde que fai deporte de forma habitual, Lúa remocicou moito e aparenta máis nova que nunca. O seu estilo de vida é moi saudable e quere compartir os seus avances con todos nós.
Realmente estaba encantada de ver un curso máis a tódolos nenos e nenas do colexio.
Realmente estaba encantada de ver un curso máis a tódolos nenos e nenas do colexio.
Aproveitou para falar das novidades do proxecto Erasmus+ e traía un carriño da compra para concienciar ao alumnado sobre a necesidade de fixarse ben nos alimentos que son saudables e así non deixarse levar polo impulso de comprar produtos cun exceso de azucre ou graxas.
Tamén presentou as novidades da biblioteca: libros que se compraron sobre alimentación, sobre relaxación, sobre o coidado da horta...; libros novos para as mochilas viaxeiras; coleccións novas para desfrutar na biblioteca, na clase ou na casa...
Ademais, entregou as mochilas viaxeiras a representantes das diferentes clases...
... e deixou para o final unha gran sorpresa que tiña para todos/as:
A APERTURA DO RESTAURANTE DE LÚA
Lúa invitou a todo o colexio a coñecer o seu restaurante onde se servirán menús saudables nos que os ingredientes principais serán os produtos recollidos na horta, e os cociñeiros/as poderemos ser nós mesmos.😀😀😀😀😀