LÚA VISITA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

O profe Ramiro e Lúa visitaron a zona de Infantil e xunto aos nenos e nenas cantaron a canción de Lúa.

Nesta ocasión, levaban ademais un carriño cheo de alimentos saudables e outros non tanto, que os nenos e nenas lle axudaron a clasificar, para ter claro o que se debe ou non debe comer habitualmente.

Lúa tamén lles contou que vai empezar a funcionar a biblioteca e todos/as poden visitala coas súas profesoras pola mañá e coas súas familias pola tarde.


Despois deulles unha gran sorpresa: unha invitación para ir ao restaurante que acaba de abrir Lúa no colexio. Nel prepararanse os produtos recolectados na horta e poderanse comer de forma rica e saudable.