SAMAÍN 2019

Este curso tódalas clases do colexio traballaron diferentes lendas tradicionais da cultura galega (A Maruxaina..., A Loba Branca..., A Santa Compaña..., A Bruxa e o Pescador..., O Lobishome..., O Buraco do Inferno...) e elaboraron diferentes carteis que foron expostos polos corredores do colexio.





Tamén, a partir de terceiro de primaria, escribiron historias de medo; esta vez, contadas en forma de cómic.
























As actividades dedicadas ao Samaín remataron cunha festa onde todos se maquilaron e disfrazaron con roupas que podían modificar ao seu antollo, e por suposto cunha comida que parecía "terrorífica" polo seu aspecto, pero que era "saudable", pois as froitas eran a materia prima de moitas das elaboracións.


Por suposto, non faltaron os contos de medo cos que os maiores intentaron "asustar" aos pequenos.

E os nenos e nenas de Terceiro de Primaria escribiron un libro sobre monstros para que forme parte dos fondos da nosa biblioteca. Esta é a versión dixital.