ENTROIDO 21

A compañía Cachirulo ofrécenos un espectáculo de rúa no que presenta, a través de vistosos monicreques de madeira, os diferentes Entroidos de Galicia. Neste ano no que non se pode celebrar esta festa, é unha boa maneira de achegarse ás nosas tradicións.



Non deixedes de facer este percorrido polos Entroidos máis significativos  das catro provincias galegas: choqueiros (A Coruña), volantes (Chantada), o oso de Salcedo (Pobra de Brollón), mázcaras (Manzaneda), boteiros (Viana do Bolo), vellaróns (Castrelo de Cima, Riós), cigarróns (Verín), peliqueiros (Laza), vergalleiros (Sarreaus), pantallas (Xinzo de Limia), felos (Maceda), a Pita (Eiroás), troteiros (Bande), bonitas (Sande), merdeiros (Vigo), madamas e galáns (Cobres), Ravachol (Pontevedra)...