EXPOSICIÓN SOBRE O CONTO "LA BRUJA BRUNILDA"


O alumnado de 
segundo de primaria 
traballou o conto 
dunha bruxa 
chamada Brunilda.









Esta bruxa vive nunha casa onde todo é negro: paredes, chan, portas, mobles, espellos... Ata o seu gato é negro. Como non o mira, faina tropezar a cotío.

Isto orixina problemas que Brunilda ten que solucionar, e para conseguilo, porá en práctica ideas moi divertidas usando a súa variña máxica.


Durante a lectura deste relato, os nenos e nenas aprenderon moitas cousas, como facer rimas a través de feitizos, á vez que pasaban un tempo xenial.

Unha das cousas que máis desfrutaron foi a realización dunha maqueta da casa da Bruxa con materiais de refugallo. Foi un traballo custoso pero moi satisfactorio: "A verdade é que quedou ben chula" afirmaban os nenos e nenas ao ver o resultado final.


A maqueta da casa, xunto con outras manualidades como figuras, monicreques ou outras maquetas, están expostas na biblioteca para que as poidades visitar.



Como xa fixeron os nenos e nenas de primeiro, a quen lles encantou.