Inauguración do Proxecto 2022/2023
Benvidos nenas e nenos do CEIP Nº2
Estamos encantados de presentar o proxecto de centro que englobara o traballo de todos nós.
Durante este ano, as actividades de centro irán encaminadas a contribuir á axenda 2030, preocupada por contribuir por un mundo mellor.
A sostenibilidade é cousa de todos polo tanto alumnos e alumnas como profesores e comunidade educativa, debemos contribuir a esta causa.
Neste link podedes consultar o acordo da Asamblea de Nacións Unidas en canto a sostebilidade.
Asamblea de ONU
Para presentar o proyecto o próximo día 24 de outubro tamén coincidindo co Día das bibliotecas realizaremos diferentes talleres no noso centro educativo.
Os talleres iranse rotando e todos os nenos e nenas participarán nesta aposta do centro educativo.
Contaremos con talleres na horta, no salón de actos, nas zonas comúns de infantil, na aula de plástica, na aula de inglés e na biblioteca.
Ollo rapaces!!!! Na biblioteca agárdavos unha gran sorpresa. Unha nova personaxe da liga extraordinaria chegou para comezar con nós o proxecto de centro.
Pronto a coñeceredes!