O pasado venres día 18 de novembro unha alumna e un alumno de 6º de Primaria, foron a voz da nosa escola no Concello de Tui, aportando unha mensaxe clara e concisa, NON É NON, nun pleno escolar que tiña como finalidade aportar a voz do futuro de Tui sobre Violencia de Xénero.
O Concello de Tui, agasallou aos participantes dun libro para a nosa biblioteca, para formar a persoas diversas, sen prexuizos.