LENDO NA CASA

O día 24 de Outubro celebraremos o Día das Bibliotecas. O noso centro reuníuse cos representantes das outras Bibliotecas Escolares do Concello na sede da Biblioteca Municipal e xuntos colaboramos na organización  das I XORNADAS DE LECTURA E FAMILIAS, programando actividades tanto para os pais e as nais coma para os nenos e nenas durante a semana do 21 ao 25 de outubro.



Tedes o programa completo no seguinte enlace:  

http://www.concellotui.org/php/noticias.php?id=1842

Nos obradoiros de pais e nais é necesario inscribirse na Biblioteca Municipal antes do día 16 de outubro, por estar limitado o número de prazas. O resto das actividades son de acceso libre.

Dende o CEIP Nº2 invitamos a tódalas familias a participar nestas xornadas.