OBRADOIROS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas recordando a Manuel María e participando en obradoiros relacionados coas nosas tradicións: maios, encaixe de bolillos, baile galego, traxes típicos, elaboración de instrumentos, receitas de cociña, cestería, percusión...
Tódolos nenos e nenas desde infantil a sexto de primaria tiveron a oportunidade, a través destes obradoiros, de coñecer mellor o que somos e o que nos distingue doutros pobos e culturas.