O día 30 de setembro celébrase tódolos anos o Día da Tradución. Este curso Lúa quere que leades os subtítulos deste anaco da película "Buda estoupou por vergoña" dirixida en 2007 por Hana Makhmalbaf.
Baktay é unha nena
afgá de seis anos que quere ir á escola igual que o fillo dos seus veciños, que
le libros fronte á súa cova. O problema é que Baktay non ten caderno nin lapis.
Para conseguir o caderno debe buscarse a vida e como lapis decide levar o
pintalabios da súa nai, o que provoca que uns nenos, que xogan a ser talibáns,
decidan apedrala….