ENREDANDO, ARTESANÍA NA ESCOLA


" Enredando, artesanía na escola" é un proxecto que a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, puxo en marcha o curso pasado coa intención de aproximar a artesanía aos nenos e nenas.

Foi unha iniciativa coa que se pretendía divulgar os oficios artesáns entre os máis novos, e que así aprendan o valor que teñen os produtos feitoa á man, descubrindo todo o traballo que hai detrás destas pezas e coñecendo técnica antigas que pasaron de xeración en xeración ata os nosos días.

Nos noso colexio varias aulas  traballaron coa unidade didáctica " O gremio da seda", na que atoparon todo o necesario para que varios grupos de vermes puideran completar todo o seu ciclo vital, desde a caixa na que se gardan os ovos e os casulos ata unhas pezas de cartón, coas que montar unha retícula que se penduraba da tapa da caixa e na que os vermes puideron facer o seu casulo de seda. Tamén contaron con información a través de diversos materiais impresos editados pola Xunta de Galicia con textos de Albino Quinteiro Mora e ilustracións de Quico.


Esta semana completaron a súa aprendizaxe coa participación nun obradoiro levado a cabo na nosa biblioteca sobre a obtención do fío de seda. Coa colaboración de María José Martinez, coordinadora do proxecto, descubriron como se extrae a seda de cada cásulo e comprobaron que de algo tan pequeno poden conseguirse miles de metros de fío continuo que logo usaranse para diversos fins, entre eles a produción de teas.

Tamén os nenos e nenas poden, nunha exposición que teremos varios días no colexio, ver diferentes tipos de casulos, comprobar co tacto as diferenzas entre varios tipos de fíos de seda e comprobar a  suavidade das teas mentres aprenden a diferencialas polo seu nome.


Para saber máis ...