SEMANA DA PRENSA 2013


No segundo e no terceiro ciclo usan habitualmente os xornais nas aulas. Coincidindo coa Semana da Prensa unha aula de 4º de Primaria móstranos algúns dos traballos que fan a partir da lectura dos xornais: diferenciación das distintas seccións (cartas ao director,  internacional, nacional, Galicia, local, economía, cultura, deportes, pasatempos...), análise dos distintos textos periodísticos (editoriais, noticias, reportaxes, entrevistas, críticas...), e tamén das partes propias de cada tipo de texto  ( titulares, subtítulos,  corpo, foto, pé de foto...), e rematan coa  produción de textos propios seguindo as pautas que foron descubrindo na observación do traballo diario dos profesionais da prensa.