UN SAMAÍN NO 2

 COIDADO! CHEGAN DÍAS DE MEDO


     Chegan esos momentos nos que nenos, nenas e mestres elixen os disfraces perfectos para dar sustos, días de manualidades terroríficas, de merendolas tremendamente asquerosas e, este curso, días de obradoiros de Samaín.

    A nosa Biblioteca foi un dos espazos que eliximos para facer esos obradoiros, eliximos libros de bruxas, castelos encantados, pantasmas e moitos outros obxectos e personaxes tenebrosos. Tamén aproveitaron para deixar escritas palabras ou pintar debuxos que daban moito medo e que, coa luz que nos rodeaba, ata parecía que ían cobrar vida.


     

    Para máis detalles de todos os xogos que se realizaron nestes obradoiros...aquí tedes un vídeo máis completo: 

https://www.instagram.com/reel/DQbva5KjZl7/?igsh=OGVsOXVvNWZhYXkx



SORPRESA!

    Estes días na nosa biblioteca podedes atopar un recanto moi especial no que fomos reunindo libros das diferentes autoras que propuxemos para investigar, estamos seguros de que cando os vexades xa seredes capaces de recoñecer moitos dos títulos. DISFRUTADE DA LECTURA! Hai libros moi diferentes, con segredos gardados entre as súas follas, así que non perdades detalle.





E...hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, temos para vós unha sorpresa:
Ana Meilán dedícavos unhas palabriñas cheas de emoción cunha mensaxe: 
NON DEIXEDES DE PASARVOS POLA BIBLIO DO 2.

 

     

 


Día das Bibliotecas Escolares


DÍA DAS ESCRITORAS

 


15 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS


    Os axudantes da Biblio 2 fixeron chegar unha nota a todos os cursos para unha actividade moi divertida: queremos que sexades investigadores e nos axudedes a averiguar quen son estas mulleres.

    E que...estamos no mes das Bibliotecas escolares, e na nosa Biblio temos libros divertidos, curiosos, monstruosos, de ratos, de magos... que queremos ofrecervos para ler, libros de ESCRITORAS fabulosas.


OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

    Chega outra data interesante, O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 de outubro.


    Queremos dicirvos que hai unha chea de propostas do Concello para que vaiades á Biblioteca de Tui e pasades un bo momento entre contos e contacontos.



NORMAS PARA UN BO USO DA BIBLIOTECA

 OLLO! Entre todos temos un compromiso:

 Vir a biblioteca, disfrutar deste recanto, das lecturas, descubrir libros, 

vivir sorpresas pero sempre 

coidando a nosa Biblio.